Cada día somos máis as persoas e os movementos sociais, veciñais, políticos ou sindicais que demandamos un cambio profundo para acadar unha democracia verdadeiramente participativa e representativa, que traballe a prol das necesidades das persoas. E para asumir un reto tan importante precisamos da creación de novos mecanismos de participación social e intervención política.

Ler o resto do manifesto

Urxe un espazo de encontro onde podan participar amplos sectores da sociedade, con presenza nos barrios, nos centros de traballo, no tecido cultural, para recuperar a nosa cidade e devolverlla á cidadanía.
Porque sobran os intereses espurios na política, sobran privilexios duns poucos, e sobra a corrupción -que campa con total impunidade- e a privatización do que é de todos, é urxente un compromiso xeral e xeneroso arredor destes obxectivos básicos:
– Democracia directa e partícipativa, sen intérpretes nin intermediarios alleos á vontade popular.
– Nin un paso atrás na defensa do Estado do Benestar.
– Transparencia absoluta na xestión dos intereses públicos.
– Defensa plena da nosa identidade cultural, da igualdade e da integración social e cultural.
– Medidas de urxencia contra a pobreza (alimentación, vivenda, subministros de auga, luz e gas).Un concello sen desafiuzamentos nin fame.
– Loita contra o paro e a precariedade. Apoio á economia social.
– Tolerancia cero coa corrupción.
– Redución drástica dos custos da corporación municipal.
– Que o concello de Lugo sexa un lugar onde a mocidade teña un futuro.
– Un novo urbanismo, racional e que potencie a rehabilitación social, os alugueres dignos e os transportes públicos.
– Un cambio nas ordenanzas fiscais municipais de xeito que se garanta a súa equidade e progresividade.
– Que se respecte o medioambiente e se acade un desenvolvemento sostible.
– Dar á xente de Lugo o poder de tomar as decisións que marcan a política municipal.
– Recuperar os servizos que pertencen ao concello de Lugo e que os políticos no poder outorgaron a dedo ás empresas da súa conveniencia.
Para conseguilo é imprescindible que as persoas que vivimos en Lugo nos unamos a favor dos nosos dereitos e contra toda clase de privilexios.
Se cres que en Lugo se pode e se debe conformar unha alternativa desde a cidadanía para gobernar o concello desde o 2015, non deixes que outros decidan por nós.

UNETE!

Participa

Nome e apelidos:*
Documento de identificación*
E-mail:
Teléfono de contacto:
En que área estaría interesado en participar?
*

ÚLTIMAS NOVAS

Lugonovo denuncia graves irregularidades na xestión das axudas de emerxencia

As axudas de emerxencia concedidas polo Concello, sempre exentas de tributación, están constando como ganancias patrimoniais. A denuncia desta grave anomalía parte do Grupo Municipal Lugonovo que, esta mañá, por boca da concelleira Cristina Pérez Herráiz, alertaba das consecuencias. “A...

Lugonovo propón substituír o adoquinado que rodea a Muralla por pavimento descontaminante

Ven de cumprir 16 anos como Patrimonio da Humanidade, un galardón que a dignifica pero que tamén a fai meritoria de melloras e coidados constantes que a transcendan no seu valor. A Muralla é o símbolo identitario da cidade pero...

Lugonovo propón estudar a aplicación dun sistema de preferencia semafórica para axilizar as frecuencias do bus urbano

As constantes demoras que se dan nas diferentes liñas do transporte público motivaron no último mes unha rea de queixas veciñais que quedaron recollidas no informe levado á Comisión de Suxestións e Reclamacións de novembro. As explicacións dos chóferes apuntan...

GRUPO MUNICIPAL

A TÚA OPINIÓN CONTA

Queremos saber de ti, das túas preocupacións, das túas suxerencias para facer un Lugonovo.

O NOSO PROXECTO DE CIDADE

Lugonovo ten un proxecto de cidade. Ningunha forza política ou candidatura cívica detenta propiedade nin poder para marcarlle a unha sociedade o que debe ser, máis ben terá que advertir carácter ou tendencias, tomar pulo,, propoñer un sentido de ordenación e funcionamento para a cousa pública. Nun dodecálogo.

A sintonía de LugoNovo

Presiona aquí para acceder ao vídeo en Youtube e compartilo coas túas amizades!